jueves, 3 de octubre de 2013

HOXE FOI UN GRAN DÍA!

Esperabamos ter moi mal tempo, pero as nubes permitíronnos gozar dun montón de aventuras que queremos compartir con todos vós.

O máis difícil foi espertar e levantarse, pero despois de facer un pequeniño esforzo, AQUÍ NOS TEDES!!

 Pero non hai mellor cousa que tomar un estupendo almorzo para espertar. E aquí nos tedes coas pilas xa a tope.


Logo, puxémonos a traballar sobre o noso caderno de campo, recordando todo o que aprenderamos o día anterior. Fixádevos que concentrados e concentradas estabamos!


E cando rematamos, saímos cara ao bosque. Eso sí que foi xenial!! Temos tantas cousas que contarvos...


miércoles, 2 de octubre de 2013

ESTADÍA DE 1º EP EN TREVIA 

Comezamos a nosa primeira estadía en Trevia, que emoción!!

Todas e todos esperamos a visita duns novos amigos que nos ían presentar o traballo que durante estes tres días íamos a realizar.

A Becada e a Pita do Monte dándonos a benvida

Pero antes de saír ao bosque temos que facer un pequeno entrenamento para aprender a camiñar entre e vexetación.



 Antes de saír, puxemos unhas gafas máxicas que nos permitiron atopar as pegadas dos animais que viven no interior do bosque.


Cantos descubrimentos fixemos!! Pegadas de raposo, ósos de corzo, vacalouras, pel de serpe,...


 E pola tarde, unha divertida xincana onde puxemos en práctica todo o que aprendemos pola maña no bosque.


 

jueves, 26 de septiembre de 2013

UN FERMOSO PASEO POLA BEIRA DO MANDEO

Hoxe vivimos unha experiencia moi interesante camiñando todos e todas pola beira do río Mandeo.

A temperatura foi perfecta para camiñar á sombra do bosque de ribeira observando as especies que o forman.


Camiñamos arredor de 3 Km. descubrindo moitas das cousas que xa nos contaran na aula antes de saír. Foi impresionante atopar vacalouras, pequenas rás ou incluso unha garza que se sorprendeu da nosa presenza e botou a voar en canto nos veu chegar. Moitos momentos moi especiais!


Tamén foi moi interesante descubrir avelás baixo os nosos pés, moitos de nós non esqueceremos a suavidade das follas das avelairas...


Pero non pensedes que non houbo tempo para o xogo. No Pasatempo, ademais de xantar, tivemos tempo para gozar dun ratiño de tempo de lecer.


E por certo, unha sorpresa ben agradable foi descubrir o antigo Pasatempo. Só representa unha décima parte da superficie do parque pero unha verdadeira xoia ao aire libre. A todos e a todas nos quedaron ganas de volver.





miércoles, 25 de septiembre de 2013

ESTADÍA DE OUTONO DE 3º EP

Hoxe comezamos a estadía de 3º EP con moitas ganas.

Fixemos un pequeno cambio na nosa programación, xa que fomos a coñecer o bosque e deixamos para o venres o estudo dos cogomelos, coa experanza de que a chuvia permita que podamos observalos en todo o seu explendor ese día pola mañá.

Ao chegar á aula e despois de instalarnos, vimos unha presentación sobre o bosque. David explicounos moitos dos segredos que nos podiamos atopar e nada máis rematar o almorzo saímos cara ao bosque con Pilar e Elia para intentar descubrilos.




Completamente equipados e con moita ilusión, buscamos no interior do bosque unha árbore, moi especial. Nos estaba esperando para que coñeceramos todas as súas características e finalmente adoptáramos algunha das sementes xerminadas do ano anterior. Comprometémonos persoalmente a coidalas ata que estiveran listas para ser transplantadas.



Aquí nos tedes a todas e a todos coas nosas árbores especiais.



viernes, 20 de septiembre de 2013

EXPORANDO A PAISAXE

Hoxe foi o noso último día de estadía, pero aproveitámolo con intensidade. Dedicamos o día a comprender os diferentes elementos que forman a paisaxe e como poden xerar diferentes emocións nos nosos corazóns.

Sin dúbida, aprendimos a observar o contorno que nos arrodea con outros ollos, comprendendo o que significa o uso sostible do mesmo e aprendendo a diferenciar aqueles elementos que xeran impacto visual. 

Deixámosvos algunhas imaxes do noso traballo.


jueves, 19 de septiembre de 2013

XOGANDO A CREAR A CIDADE MÁIS SOSTIBLE

Hoxe pola tarde estivemos traballando, en equipos, para poder planificar a cidade máis ecolóxica que se nos ocurrira.

As propostas debían permitir aos seus habitantes ter unha mellor calidade de vida non só a nivel económico, senón tamén a nivel social e ambiental.

Estos foron algúns momentos do proceso nos que xurdiron gran cantidade de ideas ben interesantes. 


A SIDRA

Hoxe, despois do almorzo, todo estaba preparado para que os nenos e nenas de 5º EP comezaran unha nova aventura:

          ELABORAR A SIDRA DE XEITO ARTESÁN.

Estaban agardando nada menos que cerca de 40 kilogramos de mazás de diferentes variedades, que ían ser a materia prima deste proceso artesanal.


E COMEZA O PROCESO!!

O primeiro que fixemos foi introducir as mazás na moega (caixa de madeira en forma de pirámide truncada e invertida que se coloca sobre a cuba) da trituradora.
Esta tarefa íase realizando por quendas, xa que a mazá picada recóllese nun caldeiro que hai que ir baleirando na prensa ata tela completamente chea, cuns 20 quilogramos de produto.


Cando a froita picada chega ata a parte de arriba da prensa esta péchase e móntase o sistema de prensado, o que vai permitir estrullar a mazá e obter o zume co que se fará a sidra.



Mirade como entre todos e todas imos sacando o zume na prensa!



Bo traballo! Sacamos ata a última pinga!.