viernes, 26 de septiembre de 2014

TERCEIRO DÍA NA ESTADÍA DE 3ºEP


Ola familias!

Hoxe foi o noso último día de estadía.

Estivemos investigando as árbores que forman o bosque que arrodea o colexio.

Traballamos en equipo para elixir unha árbore e estudala a fondo: observamos a súa codia, as súas follas, os seus froitos e medimos o seu alto e o seu groso. 


Cando xa coñecemos todas as súas características, comprometémonos a coidar, durante todo o ano, das árbores que naceran das sementes que plantaremos o luns pola mañá.














Aquí rematou a nosa estadía de 3º EP. 

E aínda que estamos moi cansos, imos cheos de experiencias para compartir con vós ao longo de toda a fin de semana.

DESCANSADE MOITO !!

ATA PRONTO!!

jueves, 25 de septiembre de 2014

SEGUNDO DÍA NA ESTADÍA DE 3º EP


Ola familias!

Hoxe fomos de excursión ao río Mandeo.

É un sitio precioso. Para coñecelo ben camiñamos pola beira do río, entre as árbores do bosque de ribeira.

Observamos como un tractor levaba a madeira cortada nun remolque moi grande. Tamén vimos un merlo rieiro e xogamos a diferenciar as follas das árbores cos nosos sentido.




Fomos xantar ao “Parque do pasatempo” e cando rematamos xogamos no labirinto e percorremos grutas que nos levaban a covas secretas.
Foi divertidísimo!
E pola noite …
 … FESTA!!!

miércoles, 24 de septiembre de 2014

ESTADÍA DE OUTONO DE 3º EP



Ola familias!

Hoxe comezaron as estadías de outono en Trevia cuns visitantes moi especiais:

OS NENOS E NENAS DE 3º EP

Que contentos e contentas estaban, de volver de estadía!

Viñan dispostos a aprender, gozar e compartir momentos inesquecibles!!

Pero, comecemos desde o principio:

Con David aprendimos, na aula, moitas cousas novas e interesantes sobre os cogomelos.

E despois saímos ao bosque a poñelas en práctica. 

Que cogomelos máis interesantes atopamos!




Pola tarde tivemos momentos para todo: traballamos no noso caderno de campo, analizamos algún cogomelo, comprobamos o espertos que están os nosos sentidos, cociñamos, xogamos,…




Foi un día xenial!!

Pasade unha feliz noite! Ata mañá!