miércoles, 24 de septiembre de 2014

ESTADÍA DE OUTONO DE 3º EP



Ola familias!

Hoxe comezaron as estadías de outono en Trevia cuns visitantes moi especiais:

OS NENOS E NENAS DE 3º EP

Que contentos e contentas estaban, de volver de estadía!

Viñan dispostos a aprender, gozar e compartir momentos inesquecibles!!

Pero, comecemos desde o principio:

Con David aprendimos, na aula, moitas cousas novas e interesantes sobre os cogomelos.

E despois saímos ao bosque a poñelas en práctica. 

Que cogomelos máis interesantes atopamos!




Pola tarde tivemos momentos para todo: traballamos no noso caderno de campo, analizamos algún cogomelo, comprobamos o espertos que están os nosos sentidos, cociñamos, xogamos,…




Foi un día xenial!!

Pasade unha feliz noite! Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que vos parece?