Ola familias!
Hoxe fomos de excursión ao río Mandeo.
É un sitio
precioso. Para coñecelo ben camiñamos pola beira do río, entre as árbores do
bosque de ribeira.
Observamos
como un tractor levaba a madeira cortada nun remolque moi grande. Tamén vimos
un merlo rieiro e xogamos a diferenciar as follas das árbores cos nosos
sentido.
Fomos xantar
ao “Parque do pasatempo” e cando rematamos xogamos no labirinto e percorremos
grutas que nos levaban a covas secretas.
Foi
divertidísimo!
E pola noite …
… FESTA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que vos parece?