martes, 3 de diciembre de 2013


 DE COMPRAS NO "GALENFOUR"

OBRADOIRO DE CONSUMO RESPONSABLE
O consumo ocupa unha parte fundamental na nosa vida diaria, non só pola importancia que ten á hora de cubrir as nosas necesidades, senón porque as nosas  actuacións van ter un impacto directo sobre o medio ambiente, a saúde e a xustiza social. Iso vai supor que, elixir de xeito responsable, sexa determinante cara a consecución dun desenvolvemento máis xusto e sostible para todos. E iso só vai depender de nós.

 E aquí nos tedes!!, facendo unha compra responsable tendo en conta o ciclo de vida dos produtos, o lugar de fabricación, as embalaxes, o proceso de produción,...

lunes, 2 de diciembre de 2013

Mirade que marabillosa sorpresa tivemos hoxe!

 



Despois dun traballo minucioso e unha longa espera de  6 semanas:

AQUÍ TEDES O RESULTADO!









Recordámosvos tamén, os mellores momentos da inoculación do micelio:








Noraboa!! Bo traballo !!