QUEN SOMOS


Trevia é unha entidade pensada para a intervención educativa no ámbito do medio ambiente, especializada en educación ambiental que comeza a súa andadura no ano 2002.

Dende a data da súa creación, febreiro de 2002, e ata os nosos días, Trevia evoluciona participando en proxectos de alto interese para os nosos clientes, sempre orientados ás necesidades dos destinatarios e traballando cara unha educación máis coherente coa sostibilidade.
Nace co afán de facilitar experiencias que supoñan, o achegamento ó contorno natural, social e cultural galego para  a participación cara á consecución dun desenvolvemento sustentable, posibilitando procesos educativos que aseguren a construción de novas aprendizaxes.

As nosas actuacións van dirixidas a diferentes colectivos tanto en
educación formal (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato), como en educación non formal (cursos de formación de profesorado, cursos FSE, cursos para educadores ambientais, …), como en educación informal (asociacións,terceira idade…). 
Trevia consta dun equipo multidiscilplinar formado por persoal titulado, altamente cualificado e con ampla experiencia no eido da educación ambiental.

Curriculum de empresa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que vos parece?