jueves, 26 de septiembre de 2013

UN FERMOSO PASEO POLA BEIRA DO MANDEO

Hoxe vivimos unha experiencia moi interesante camiñando todos e todas pola beira do río Mandeo.

A temperatura foi perfecta para camiñar á sombra do bosque de ribeira observando as especies que o forman.


Camiñamos arredor de 3 Km. descubrindo moitas das cousas que xa nos contaran na aula antes de saír. Foi impresionante atopar vacalouras, pequenas rás ou incluso unha garza que se sorprendeu da nosa presenza e botou a voar en canto nos veu chegar. Moitos momentos moi especiais!


Tamén foi moi interesante descubrir avelás baixo os nosos pés, moitos de nós non esqueceremos a suavidade das follas das avelairas...


Pero non pensedes que non houbo tempo para o xogo. No Pasatempo, ademais de xantar, tivemos tempo para gozar dun ratiño de tempo de lecer.


E por certo, unha sorpresa ben agradable foi descubrir o antigo Pasatempo. Só representa unha décima parte da superficie do parque pero unha verdadeira xoia ao aire libre. A todos e a todas nos quedaron ganas de volver.





1 comentario:

  1. Que cara de estalo pasando.....xenial!! que sorte poder viir todas estas experiencias!

    ResponderEliminar

Que vos parece?