miércoles, 14 de octubre de 2015

ESTADÍA DE OUTONO DE 1º ESO EN TREVIA

ITINERARIO POLA COSTA DE DEXO


Hoxe comezamos a estadía de outono achegándonos ata a Costa de Dexo, no concello de Oleiros. 

Saímos ás 9.15 cara a Aula do Mar situada na antiga Casa o Fareiro, e que na actualidade é un centro de visitantes dedicado á información do público que se achega ao Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.

Alí estaba a esperarnos Rebeca, a educadora ambiental, que como cada ano, nos foi desentrañándo os segredos mellor gardados entre cantís, descubríndonos aves mariñas, herbas de namorar e a maravillosa festuca sobre a que nos puidemos deitar para poder escoitar o son do mar. 


Fixo un día espléndido, no que houbo tempo para xogar, rir, aprender e compartir.


Deixámosvos algún dos momentos do día.





viernes, 2 de octubre de 2015

TERCEIRO DÍA DA ESTADÍA DE 5º EP

ESTUDANDO A PAISAXE

É a primeira vez que traballamos a paisaxe de forma práctica, e é sorprendente ver, como hai diferentes elementos paisaxísticos que poden contaminar visualmente.

Hoxe saímos da aula cara o punto máis alto dos arredores de Galen coa fin deobservar dalgún destes elementos. 

Primeiro, identificámoslos mediante un cadrante, para logo estudar o porque no impacto paisaxístico que causaba.
Mirade como nos organizamos!


Despois do traballo ben feito e de compartir fermosas experiencias, chega o momento de marchar.
Disfrutade moito da fin de semana!
Vémonos o luns!

jueves, 1 de octubre de 2015

SEGUNDO DÍA NA ESTADÍA DE 5º EP

Hoxe amenceu un día frío, pero iso non nos desanimou a traballar, nin moito menos!

Despois do almorzo, saímos cara á horta a estudar unha maceira. Foi o principio dun día emocionante, no que íamos aprender o proceso completo desde a recollida da mazá ata a elaboración da sidra.


Mirade como traballamos coas mazás! Da gusto vernos!


Primeiro trituramos as mazás coa estrulladora, para logo, metelas na presa para obter o zume que imos poñer a fermentar.


 Pola tarde, deseñamos un territorio no que puidésemos  vivir, de xeito sostible, as persoas co medio natural. Fixemos catro propostas, en equipo, ben interesantes.





Ata mañá!

miércoles, 30 de septiembre de 2015

ESTADÍA DE OUTONO DE 5º EP

Hoxe comezou a Estadía de 5º EP cunha das actividades que máis nos gustan:

VISITA Á FEIRA DE CASTRO!

Deixámosvos o enlace para que poidades gozar dalgunhs dos momentos estupendos que vivimos aquí 


domingo, 27 de septiembre de 2015

COÑECENDO AS ÁRBORES DO BOSQUE

Hoxe é o noso último día de estadía. 

E aínda que estamos desexando volver para contarvos todas as nosas aventuras, queremos aproveitar o tempo ao máximo.

Hoxe temos que elixir unha árbore dentro do bosque, que para nós, sexa ben especial.

Imos estudiala a fondo para coñecer a súa altura, o seu toro, as súas follas e froitos.
Todas e todos sentímonos atraídos por un castiñeiro xigante que había nun souto preto a Galén.

Mirade o traballo que fixemos!.

Gozamos moito de aprender e traballar en equipo!



Agora toca descansar, revivir os momentos especiais, compartidos con todos e todas, e esperar a que chegue a estadía de 5º EP.

Gozade dun merecido descanso!

jueves, 24 de septiembre de 2015

Do Mandeo ao Pasatempo

Hoxe tivemos un día cheo de emocións.
O primeiro foi compartir un delicioso almorzo con todos e todas, despois de unha noite fantástica:
DURMIMOS XENIAL!

Despois preparámonos para ir ata o río Mandeo, en Coirós, cerca de Betanzos.

O día estivo fantástico para camiñar entre o bosque de ribeira que acompaña ao río Mandeo. Vimos diferentes árbores, fentos e cogumelos.
Foi un paseo relaxado nun contorno moi fermoso. Deixámosvos algunhas imaxes para que poidades comprobalo.



Para xantar, fomos ata o parque do Pasatempo. Alí houbo tempo para xogar, correr, rir e explorar.
Fixádevos que ben o pasamos!




miércoles, 23 de septiembre de 2015

COMEZA A ESTADÍA DE 3º EP EN TREVIA

Coa chegada do outono , comezamos tamén as estadías en Trevia.

Hoxe os rapaces e rapazas de 3º EP, puidemos gozar dun fermoso día sobre os cogumelos.
Pero antes de comezar a traballar, instalámosnos. Que ilusión elexir as literas onde imos durmir!
Encantounos coñecer os cogomelos que atopamos no paseo que fixemos polo bosque.
Traballamos en equipo, divertímonos, compartimos e aprendimos un montón de cousas novas.
Deixámosvos ajgunha imaxe do día.