miércoles, 14 de octubre de 2015

ESTADÍA DE OUTONO DE 1º ESO EN TREVIA

ITINERARIO POLA COSTA DE DEXO


Hoxe comezamos a estadía de outono achegándonos ata a Costa de Dexo, no concello de Oleiros. 

Saímos ás 9.15 cara a Aula do Mar situada na antiga Casa o Fareiro, e que na actualidade é un centro de visitantes dedicado á información do público que se achega ao Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.

Alí estaba a esperarnos Rebeca, a educadora ambiental, que como cada ano, nos foi desentrañándo os segredos mellor gardados entre cantís, descubríndonos aves mariñas, herbas de namorar e a maravillosa festuca sobre a que nos puidemos deitar para poder escoitar o son do mar. 


Fixo un día espléndido, no que houbo tempo para xogar, rir, aprender e compartir.


Deixámosvos algún dos momentos do día.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que vos parece?