viernes, 16 de septiembre de 2016

TERCEIRO DÍA DE ESTADÍA DE 3º EP

INVESTIGANDO O RÍO MANDEO E DESCUBRINDO O PASATEMPO

Hoxe foi o noso último día de estadía, pero o vivimos con moitísima intensidade.
Despois de almorzar saímos cara Betanzos. Antes de chegar, desviámonos para coñecer o río Mandeo e os segredos que agocha o bosque de ribeira.
A paisaxe é impresionante. Observamos as escadas do río, polas cos salmóns soben río arriba para desovar. Tamén vimos os rápidos que se forman ao pasar o río pola Espenuca  e a cantidade de caneiros e canles que levan a auga ata o muíño.
O bosque fai unha especie de tunel polo que nos fomos paseando e recoñecendo avelairas, ameneiros, freixos, loureiros,...
Gozamos moito de mergullarnos nese bosque misterioso onde a son da auga nos acompañou durante todo o noso percorrido.



Fomos comer ao Parque do Pasatempo. Alí tamén houbo tempo para xogar e deixarnos sorprender polos misterios do lugar. Nunca víramos nada igual. Saíamos dunha sorpresa para meternos noutras.
Foi xenial!


E agora, xa de volta, tócanos descansar e compartir as experiencias vividas con vós.
Ata luns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que vos parece?