INVESTIGANDO A MICROFAUNA
Hoxe rematamos a estadía, pero antes decidimos voltar ao bosque para descubrir animais de pequeno tamaño como arañas, escarabellos, opilións, grilos, ...
Aprendimos moitas cousas e pasámolo estupendamente.
Foi xenial a estadía en Trevia, estamos desexando volver, pero aínda temos que esperar...
Podedes ver todo o que fixemos no blog de Medrando en Galén
viernes, 23 de octubre de 2015
jueves, 22 de octubre de 2015
SEGUNDO DÍA DA ESTADÍA DE OUTONO DE 1º EP
UN DÍA DE AVENTURAS!
Hoxe fixo un día fantástico! Despois dunha noite de descanso e dun almorzo reparador, preparámonos para ir ata Avifauna.
Que gañas tiñamos de chegar!
Alí atopámonos con José Manuel, o educador que nos fixo viaxar a través de todos os continentes grazas ás historias que lle escoitamos sobre cada unha das aves que íamos vendo.
Despois saímos cara a Penas de Rodas: un lugar incrible onde correr mil aventuras. Poidemos imaxinar todo tipo de xogos e ademais levalos á practica, gozando xuntos, de momentos irrepetibles.

miércoles, 21 de octubre de 2015
COMEZA A ESTADÍA DE OUTONO DE 1º EP EN TREVIA
Hoxe recibimos por primeira vez na aula de natureza a uns convidados e convidadas moi especiais:
OS RAPACES E RAPAZAS DE 1º DE EP
Pola tarde fixemos un xogo de probas por equipos, a XINCANA DO BOSQUE, para ver se recordabamos o que aprendéramos pola mañá.
Que divertido xogar e traballar en equipo! Todos e todas demos o mellor de nós mesmos!
Mirade como o pasamos:
E tamén houbo tempo para trepar polas árbores e para entrenarnos a fondo nun lugar moi especial:
A NOSA CARBALLEIRA
viernes, 16 de octubre de 2015
TERCEIRO DÍA DE ESTADÍA EN TREVIA
HOXE É O NOSO DERRADEIRO DÍA EN TREVIA
Rematamos, pero ademais para sempre, pois a de 1º ESO foi a última estadía en Trevia.
A nosa última actividade foi a realización do estudo dun ecosistema de bosque.
Dividímonos en equipos e tratamos de comprender as relacións que hai entre os factores físicos do ecosistema e os seres vivos que o habitan.
Mirade algún dos momentos do traballo:
Forón catro os anos de estadías nosa aula de natureza desde que comezamos en 1º EP ata agora. Levámonos moitos recordos e experienzas, que sin dúbida, valoraremos, aínda máis co tempo.
Aquí quedan algúns deles!

jueves, 15 de octubre de 2015
SEGUNDO DÍA DE ESTADÍA
Á VOLTA COS COGOMELOS!
Hoxe tivemos unha xornada auténtica de outono, adicada ao coñecento dos cogomelos.
Despois dunha noite de merecido descanso e dun almorzo revitalizante, David contounos gran cantidade de características dos cogomelos que podiamos atopar nos arredores do colexio.
Despois, preparámonos e saímos cara bosque. Alí puidemos observar gran cantidade deles, así como recoller algún para despois cociñalo pola tarde.
Demos un bo paseo, tratando de visitar diferentes hábitats coa fin de poder observar a maior variedade de cogumelos posible.
Despois de xantar, preparámosnos para facer o noso propio cultivo de Pleurotus ostreatus.

miércoles, 14 de octubre de 2015
ESTADÍA DE OUTONO DE 1º ESO EN TREVIA
ITINERARIO POLA COSTA DE DEXO
Hoxe comezamos a estadía de outono achegándonos ata a Costa de Dexo, no concello de Oleiros.
Saímos ás 9.15 cara a Aula do Mar situada na antiga Casa o Fareiro, e que na actualidade é un centro de visitantes dedicado á información do público que se achega ao Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.
Alí estaba a esperarnos Rebeca, a educadora ambiental, que como cada ano, nos foi desentrañándo os segredos mellor gardados entre cantís, descubríndonos aves mariñas, herbas de namorar e a maravillosa festuca sobre a que nos puidemos deitar para poder escoitar o son do mar.
Fixo un día espléndido, no que houbo tempo para xogar, rir, aprender e compartir.
Deixámosvos algún dos momentos do día.
viernes, 2 de octubre de 2015
TERCEIRO DÍA DA ESTADÍA DE 5º EP
ESTUDANDO A PAISAXE
Hoxe saímos da aula cara o punto máis alto dos arredores de Galen coa fin deobservar dalgún destes elementos.
Primeiro, identificámoslos mediante un cadrante, para logo estudar o porque no impacto paisaxístico que causaba.
Mirade como nos organizamos!
Despois do traballo ben feito e de compartir fermosas experiencias, chega o momento de marchar.
Disfrutade moito da fin de semana!
Vémonos o luns!
jueves, 1 de octubre de 2015
SEGUNDO DÍA NA ESTADÍA DE 5º EP
Hoxe amenceu un día frío, pero iso non
nos desanimou a traballar, nin moito menos!
Despois do almorzo,
saímos cara á horta a estudar unha maceira. Foi o principio dun día emocionante, no que íamos aprender o proceso completo desde a recollida da mazá ata a
elaboración da sidra.
Mirade como traballamos coas mazás! Da
gusto vernos!

miércoles, 30 de septiembre de 2015
ESTADÍA DE OUTONO DE 5º EP
Hoxe comezou a Estadía de 5º EP cunha das actividades que máis nos gustan:
Deixámosvos o enlace para que poidades gozar dalgunhs dos momentos estupendos que vivimos aquí
VISITA Á FEIRA DE CASTRO!
domingo, 27 de septiembre de 2015
COÑECENDO AS ÁRBORES DO BOSQUE
Hoxe é o noso último día de estadía.
E aínda que estamos desexando volver para contarvos todas as nosas aventuras, queremos aproveitar o tempo ao máximo.
Hoxe temos que elixir unha árbore dentro do bosque, que para nós, sexa ben especial.
Imos estudiala a fondo para coñecer a súa altura, o seu toro, as súas follas e froitos.
Todas e todos sentímonos atraídos por un castiñeiro xigante que había nun souto preto a Galén.
Mirade o traballo que fixemos!.
Gozamos moito de aprender e traballar en equipo!
Agora toca descansar, revivir os momentos especiais, compartidos con todos e todas, e esperar a que chegue a estadía de 5º EP.
Gozade dun merecido descanso!

jueves, 24 de septiembre de 2015
Do Mandeo ao Pasatempo
Hoxe tivemos un día cheo de emocións.
O primeiro foi compartir un delicioso almorzo con todos e todas, despois de unha noite fantástica:
DURMIMOS XENIAL!
Despois preparámonos para ir ata o río Mandeo, en Coirós, cerca de Betanzos.
O día estivo fantástico para camiñar entre o bosque de ribeira que acompaña ao río Mandeo. Vimos diferentes árbores, fentos e cogumelos.
Foi un paseo relaxado nun contorno moi fermoso. Deixámosvos algunhas imaxes para que poidades comprobalo.
Para xantar, fomos ata o parque do Pasatempo. Alí houbo tempo para xogar, correr, rir e explorar.
Fixádevos que ben o pasamos!

miércoles, 23 de septiembre de 2015
COMEZA A ESTADÍA DE 3º EP EN TREVIA
Coa chegada do outono , comezamos tamén as estadías en Trevia.
Hoxe os rapaces e rapazas de 3º EP, puidemos gozar dun fermoso día sobre os cogumelos.
Pero antes de comezar a traballar, instalámosnos. Que ilusión elexir as literas onde imos durmir!
Encantounos coñecer os cogomelos que atopamos no paseo que fixemos polo bosque.
Traballamos en equipo, divertímonos, compartimos e aprendimos un montón de cousas novas.
Deixámosvos ajgunha imaxe do día.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)