miércoles, 15 de octubre de 2014

ESTADÍA DE OUTONO EN TREVIA 1º ESO


Ola a todos e a todas!

Hoxe comezamos a tan esperada estadía en Trevia. En canto chegamos, baixamos con todo o noso equipaxe cara á aula coa intención de instalarnos.

Cantos recordos nos traen as habitacións, as liteiras, …, cantos momentos compartidos ao longo deste anos.

Sabemos, e somos conscientes, de que esta vai ser a nosa última estadía, e por iso, queremos aproveitala “a tope”.



Hoxe tíñamos previsto ir a Mera, a coñecer o Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, e aínda que estaba chovendo en Lugo, continuamos co plan previsto, esperando que a auga nos dera algunha tregua na costa. 

Pero non foi así, nada máis chegar caeunos un bo chuvasco. Menos mal que despois remitiu, e puidemos realizar o itinerario para así gozar da marabillosa paisaxe costeira  que tiñamos ante os nosos ollos.

Mirade cantos momentos inesquecibles!


 Non nos botedes moito de menos, porque como podedes comprobar, estámolos pasando xenial. Ah! e aprendendo moito.

Moitos bicos e ata mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que vos parece?