lunes, 21 de abril de 2014

ESTUDIO DO RÍO

OBSERVANDO, INVESTIGANDO E ANALIZANDO:
O río Miño e a Insua de Seivane

O xoves 10 abril os alumnos e alumnas de 5º e 6º EP de Galén participamos activamente na primeira parte do traballo de investigación que estamos a realizar para a semana do "Consumo responsable".

Foi un día moi intenso, onde o tempo nos axudou a aproveitar a ocasión de aprender investigando sobre a realidade que nos arrodea.

A nosa misión foi a de investigar cal era a calidade ambiental do río e do seu contorno, así como comprender a etnografía ligada ao aproveitamento deste recurso.

miércoles, 19 de marzo de 2014


 Forum Internacional de Innovación sobre a Auga

Galén participa durante esta semana no Campus da Auga 2014:  Forum Internacional de Innovación sobre a Auga, un lugar de encontró para o intercambio de experiencias de investigación, educación e innovación relacionada coa auga.
  
O traballo que presentamos e, que foi elixido con corenta experiencias máis , é a investigación que realizamos hai dous anos no Proxecto Interdisciplinar sobre a auga elaborado polo alumnado que neste momento cursa 3º ESO.

domingo, 9 de febrero de 2014

DESCUBRIMOS ALGÚNS DOS GASES QUE COMPOÑEN A NOSA ATMOSFERA

Estamos traballando sobre a atmosfera, descubrindo de xeito experimental como funciona e cal é a súa composición. Deixovos aquí algúns momentos dos nosos experimentos.


DEMOSTRAMOS A PRESENZA DE OSÍXENO E QUE É MÁIS DENSO CA O DIÓXIDO DE CARBONO



PREPARAMOS AZUL DE BROMOTIMOL, REACTIVO QUE NOS VAI PERMITIR DETECTAR A PRESENZA DE DIÓXICO DE CARBONO


O CAMBIO DE COR, DE AZUL A AMARELO, DETERMINA A PRESENZA DE DIÓXIDO DE CARBONO

XERAMOS CÉLULAS DE CONVECCIÓN CON AUGA QUENTE (COR AZUL) E AUGA FRÍA ( TRANSPARENTE)

martes, 7 de enero de 2014

NO NADAL REFLEXIONAMOS SOBRE O COMERCIO XUSTO

Este mes estivemos traballando sobre o consumo responsable e indagando sobre o mesmo, atopamos un novo concepto no que afondar:

O COMERCIO XUSTO

PERO A MELLOR FORMA DE COMPRENDER O QUE SUCEDE A GRAN ESCALA E VIVILO!


POLO QUE NOS DISPUXEMOS A REALIZAR UN XOGO DE ROL NO QUE SIMULAMOS O COMERCIO INTERNACIONAL DA PRODUCIÓN DE PLÁTANO EN ECUADOR.

BOTADE UNHA OLLADA AO QUE ACONTECEU:

http://www.youtube.com/watch?v=SldyViKX8mA&feature=youtu.be




martes, 3 de diciembre de 2013


 DE COMPRAS NO "GALENFOUR"

OBRADOIRO DE CONSUMO RESPONSABLE
O consumo ocupa unha parte fundamental na nosa vida diaria, non só pola importancia que ten á hora de cubrir as nosas necesidades, senón porque as nosas  actuacións van ter un impacto directo sobre o medio ambiente, a saúde e a xustiza social. Iso vai supor que, elixir de xeito responsable, sexa determinante cara a consecución dun desenvolvemento máis xusto e sostible para todos. E iso só vai depender de nós.

 E aquí nos tedes!!, facendo unha compra responsable tendo en conta o ciclo de vida dos produtos, o lugar de fabricación, as embalaxes, o proceso de produción,...

lunes, 2 de diciembre de 2013

Mirade que marabillosa sorpresa tivemos hoxe!

 



Despois dun traballo minucioso e unha longa espera de  6 semanas:

AQUÍ TEDES O RESULTADO!









Recordámosvos tamén, os mellores momentos da inoculación do micelio:








Noraboa!! Bo traballo !!




viernes, 18 de octubre de 2013

DESCUBRINDO O BOSQUE COMO UN ECOSISTEMA EN PLENO FUNCIONAMENTO


Hoxe estivemos realizando o estudio do ecosistema do bosque. 

Foi un traballo en equipo, que consistía en observar, utilizar diferentes instrumentos e interpretar os resultados coa fin de determinar as condicións ambientais do bosque e descubrir como os diferentes seres vivos que fomos observando (árbores, arbustos, fungos, insectos,...) atópanse adaptados ao medio no que se desenvolven.



Traballamos duro, pero xuntos, aprendemos mentres gozamos do que imos descubrindo.



Bueno, só queda despedirnos, pois esta é a derradeira que pasaredes en Trevia. Seguide aprendendo coas mesmas ganas e sendo un gran equipo que sodes. Unha aperta e ...

...ATA PRONTO!