jueves, 15 de septiembre de 2016

SEGUNDO DÍA DE ESTADÍA DE 3º EP

UNHA ÁRBORE MOI ESPECIAL

Hoxe foi un día moi interesante. Estivemos nun souto cerca do colexio, onde aprendimos a observar as árbores cunha ollada diferente.
Os castiñeiros, que alí había, eran ata 10 veces máis grandes ca nós. Todos eran especiais. Cada un o era ao seu xeito. Habíaos alongados e tamén, retortos, grosos e esbeltos, con poucas e con moitas pólas.
Foi incrible sentir como cada unha daquelas árbores nos pareceu especial.
Tocámoslas, sentímolas, agarimámolas e logo, comprometímonos a coidar das pequenas árbores que nacían aos seus pés.



Pola tarde, plantámolas nun testo para coidalas na clase ata que estean preparadas para ser transplantadas.
Estamos desexando contarvos todas as novas experiencias. 
Ata mañá!



miércoles, 14 de septiembre de 2016

ESTADÍA DE 3º EP EN TREVIA

O PRIMEIRO DÍA DE ESTADÍA DE OUTONO

Hoxe pasamos o día aprendendo moitas cousas sobre os cogumelos.
Primeiro na aula, onde comprendimos como eran os cogomelos e moitas curiosidades sobre os máis frecuentes no bosque.
Máis tarde, poidemos poñer en práctica o aprendido coa saída ao bosque. Pasámolo tan ben, que nos pareceu pasara demasiado rápido. Foi xenial!!



Pola tarde, fixemos un estudio dos cogumelos que recollimos e conseguimos identificalos. Foi espectacular ver todo o que levávamos aprendido sobre o mundo dos cogumelos.


Tamén fixemos unha xincana por equipos onde comprobamos a capacidade coa  que percibimos a natureza a través do olfato, do gusto, do tacto e do oído. Descubrimos que somos capaces de descubrir cousas incribles sen utilizar a vista.


Tivemos tempo para o xogo, para compartir cos amigos e amigas, para rir, para aprender e agora toca descansar.

Ata mañá!


viernes, 23 de octubre de 2015

3º DÍA DE ESTADÍA DE 1º EP

INVESTIGANDO A MICROFAUNA
Hoxe rematamos a estadía, pero antes decidimos voltar ao bosque para descubrir animais de pequeno tamaño como arañas, escarabellos, opilións, grilos, ...

Aprendimos moitas cousas e  pasámolo estupendamente.

Foi xenial a estadía en Trevia, estamos desexando volver, pero aínda temos que esperar... 


Podedes ver todo o que fixemos no blog de Medrando en Galén


jueves, 22 de octubre de 2015

SEGUNDO DÍA DA ESTADÍA DE OUTONO DE 1º EP

UN DÍA DE AVENTURAS!

Hoxe fixo un día fantástico! Despois dunha noite de descanso e dun almorzo reparador, preparámonos para ir ata Avifauna.

Que gañas tiñamos de chegar! 

Alí atopámonos con José Manuel, o educador que nos fixo viaxar a través de todos os continentes grazas ás historias que lle escoitamos sobre cada unha das aves que íamos vendo.


Despois saímos cara a Penas de Rodas: un lugar incrible onde correr mil aventuras. Poidemos imaxinar todo tipo de xogos e ademais levalos á practica, gozando xuntos, de momentos irrepetibles.





miércoles, 21 de octubre de 2015

COMEZA A ESTADÍA DE OUTONO DE 1º EP EN TREVIA


Hoxe recibimos por primeira vez na aula de natureza a uns convidados e convidadas moi especiais:


OS RAPACES E RAPAZAS DE 1º DE EP

Nada máis chegar unha becada e unha pita de monte andivéronos a introducir nos segredos dos bosques. E con moitas gañas e con máis ilusión, fixemos o noso primeiro itinerario polo bosque e descubrimos que alí nos agardaban moitas sorpresas por descubrir.




Pola tarde fixemos un xogo de probas por equipos, a XINCANA DO BOSQUE, para ver se recordabamos o que aprendéramos pola mañá. 

Que divertido xogar e traballar en equipo! Todos e todas demos o mellor de nós mesmos!

Mirade como o pasamos:



E tamén houbo tempo para trepar polas árbores e para entrenarnos a fondo nun lugar moi especial:
A NOSA CARBALLEIRA


viernes, 16 de octubre de 2015

TERCEIRO DÍA DE ESTADÍA EN TREVIA

HOXE É O NOSO DERRADEIRO DÍA EN TREVIA

Rematamos, pero ademais para sempre, pois a de 1º ESO foi a última estadía en Trevia.

A nosa última actividade foi a realización do estudo dun ecosistema de bosque.

Dividímonos en equipos e tratamos de comprender as relacións que hai entre os factores físicos do ecosistema e os seres vivos que o habitan.

Mirade algún dos momentos do traballo:




Forón catro os anos de estadías nosa aula de natureza desde que comezamos en 1º EP  ata agora. Levámonos moitos recordos e experienzas, que sin dúbida, valoraremos, aínda máis co tempo.

Aquí quedan algúns deles!



jueves, 15 de octubre de 2015

SEGUNDO DÍA DE ESTADÍA

Á VOLTA COS COGOMELOS!

Hoxe tivemos unha xornada auténtica de outono, adicada ao coñecento dos cogomelos.

Despois dunha noite de merecido descanso e dun almorzo revitalizante,  David contounos gran cantidade de características  dos cogomelos que podiamos atopar nos arredores do colexio.

Despois, preparámonos e saímos cara bosque. Alí puidemos observar gran cantidade deles, así como recoller algún para despois cociñalo pola tarde.

Demos un bo paseo, tratando de visitar diferentes hábitats coa fin de poder observar a maior variedade de cogumelos posible.



Despois de xantar, preparámosnos para facer o noso propio cultivo de Pleurotus ostreatus