domingo, 13 de noviembre de 2016

COMO CULTIVAR COGOMELOS NO LABORATORIO

Os alumnos e alumnas de 1ºESO estivemos aprendendo algo máis sobre os cogumelos. 

O que nunca nos poderíamos ter imaxinado é que os cogumelos tamén se podesen cultivar.
Nesta ocasión traballamos co micelio de Pleurotus ostreatus ou cogomelo de ostra.
O substrato que empregamos para o cultivo foi serrín deshidratado, o cal fomos hidratando lentamente, engadíndolle auga morna.
Desde que tiñamos todo o medio de cultivo listo, introducimos unha capa do mesmo nunha bolsa esterilizada e microperforada. 
A continuación fomos inoculando o micelio do fungo formando unha pequena capa sobre o serrín introducido. Este proceso repetímolo unhas cinco veces ata rematar co micelio do fungo.
Sellamos a bolsa e a esperar...
En mes e medio, o noso cultivo debería comezar a producir. Irémosvos informando!


lunes, 7 de noviembre de 2016

REMATARON AS ESTADÍA DE OUTONO EN TREVIA

O INVERNO XA CHEGOU A TREVIA

Co frío e o remate das estadías, Trevia pecha un outono cheo de experiencias, risos e aprendizaxes novas, no que os vosos fillos e fillas foron os verdadeiros protagonistas de cada momento compartido.

Quedan nos nosos recordos moitas desas imaxes que vos farán apreciar o paso do tempo, como fostes e como sodes.

Estamos desexando volver a encontarnos en espazos comúns para vivir momentos e aprendizaxes que nos ilusionen, pero ata ese  momento, esperamos que gocedes dun bo curso. 

Ata pronto!





jueves, 3 de noviembre de 2016

2º DÍA DE ESTADÍA DE 1º EP EN TREVIA

DE AVIFAUNA A PENAS DE RODAS

Hoxe saímos para coñecer a gran diversidade de aves de todo o mundo que se poden observar en Avifauna.  Ademais poidemos entrar no museo sobre as aves que abriron este ano. Foi moi divertido.


Despois fomos comer a Penas de Rodas. Ali gozamos de trepar, imaxinar e compartir xogos. Un día inesquecible.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

1º DÍA DE ESTADÍA DE 1º EP EN TREVIA

PASEANDO POLO BOSQUE

Nunca o bosque nos pareceu tan sorprendente. Un lugar cheo de segredos que fomos capaces de ir descubrindo ao longo do día. Temos tantas cousas que contarvos.
Mirade algúns dos mellores momentos.





miércoles, 19 de octubre de 2016

PRIMEIRO DÍA DA ESTADÍA DE 1º ESO EN TREVIA

POLOS CANTÍS DE DEXO

Hoxe fixemos a visita á Aula do Mar situada no Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes.

O lugar é espectacular, pero ademais acompañounos Sergio, o educador ambiental do centro de interpretación que conseguiu desvelarnos a paisaxe do litoral facéndonos comprender as diferentes formas de erosión ligadas ao mar e ao vento.

Mirade algún dos mellores momentos do día!



jueves, 22 de septiembre de 2016

SEGUNDO DÍA DE ESTADÍA DE 5º EP EN TREVIA

O DÍA NO QUE FIXEMOS A SIDRA

Hoxe traballamos en equipo para preparar o zume da mazá que máis tarde se vai transformar en sidra.
Antes de comezar, fomos estudar unha mazaira. Observamos a súa estrutura, as follas, a codia e por suposto, o seu froito: A MAZÁ.
Despois comezamos co proceso de elaboración da sidra: triturámos as mazas e pasámolas á prensa para poder sacar todo o zume posible. E de alí á pipa, que é como se chama o depósito onde vai producirse a fermentación.
Traballamos moitísimo pero tamén poidemos saborear o zume realizado coas nosas mans.




Pola tarde estivemos facendo un proxecto de cidade sostible. Foi xenial. Conseguimos tres proxectos que poderían ser catalogados como Reservas da Biosfera pola UNESCO.
Todo está sendo moi emocionante. Estamos gozando de cada minuto.
Ata mañá!

miércoles, 21 de septiembre de 2016

PRIMEIRO DÍA DA ESTADÍA DE 5º EP EN TREVIA

VISITA Á FEIRA DE CASTRO

Hoxe visitamos o mercado gandeiro de Castro, onde María, a veterinaria do mercado, nos explicou toda a actividade comercial que alí se realiza, desde a chegada do gando á venda, e o posterior transporte. Foinos conducindo por todos os espazos do recinto para que comprederamos o funcionamento xeral dun mercado gandeiro como o de Castro.
Foi moi interesante! 


Despois tivemos a oportunidade de falar cun gandeiro e cun tratante que nos explicaron en que consistía o seu traballo no mercado.


Desde alí, fomos percorrendo o pobo ata chegar á plaza do mercado. Neste lugar fixemos as nosas compras de produtos da terra, pero sempre despois de catar o produto e de negociar o mellor prezo. 



Ao rematar, fomos a comer o polbo, que por certo, estaba delicioso.



Pero ademais tamén tivemos tempo para compartir, xogar, falar, rir e estar cos nosos compañeiros e compañeras.
Estámolo pasando xenial! Esperamos que non nos botedes moito de menos!